Actividade

Consulta aquí as novidades arredor da actividade literaria de Inma López Silva

  • PILAR VILABOI

    Boas tardes, Inma

    Quero felicitarte por esta marabilla de libro que é Maternosofía. O meu fillo xa ten 15 anos pero lembro perfectamente que tiven a mesma sensación ca ti, cando tentei mercar un sostén de embarazada ou fixen a primeira ecografía.
    Sinto unha grande empatía por todo o que estás trasmitindo e non quería deixar de felicitarte porque está perfectamente narrado e cun punto moi divertido. Noraboa de corazón.

    • Inma López Silva

      Moitas grazas, Pilar. Anima moito recibir esas feliticacións, especialmente das que xa tendes unha certa veteranía… Moitos bicos.