Aqueles días en que eramos malas

Unha monxa, unha puta, unha moza colombiana e unha funcionaria de prisións comparten o módulo de mulleres dun cárcere e viven xuntas encerro, rebelións, lembranzas e emocións. Así o relata Inma, a escritora que compartiu cela con elas e que non se resiste a vencer a súa incapacidade para escribir contando a vida de cando foron malas, unha historia que, pouco a pouco, se converte na confesión e testamento literario da autora. Aqueles días nos que eramos malas é unha obra áxil e emocionante que transita entre a traxedia e a comedia, abordando o cárcere coma un mundo descoñecido para o común da xente que, castigado nas marxes da sociedade e da vida, amosa vítimas, verdugos e, sobre todo, historias vitais fascinantes. A novela máis ambiciosa de Inma López Silva.

Podes ver aquí o booktrailer