A autora

Foto: Judit Cendón

Inma López Silva é escritora e crítica teatral. Naceu en Santiago de Compostela en 1978. Na universidade da súa cidade natal licenciouse e doutorouse en Filoloxía. Diplomada en Estudos Teatrais pola Universidade da Sorbonne Nouvelle, actualmente combina a actividade literaria coa docencia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, onde ensina Teorías do Teatro e desde onde desenvolve unha intensa actividade crítica. Columnista en La Voz de Galicia, é autora dunha ampla obra literaria que foi recoñecida cos principais premios da literatura galega. Como narradora ten cultivado o xénero breve en libros coma Rosas, corvos e cancións (2000) ou Tinta (2012)así coma o ensaio feminista en New York, New York (2007), Maternosofía (2013) e o polémico Chámame señora, pero trátame coma a un señor (2018). Tras o éxito de aclamadas novelas coma Memoria de cidades sen luz (2007, Premio Blanco Amor, Premio San Clemente, Premio da AELG) Aqueles días en que eramos malas (2016, Premio Lousada Diéguez, Finalista Premio El Ojo Crítico), publica agora a súa entrega máis esperada: O libro da filla.