Crítica Memoria de cidades sen luz en Lecturafilia

“Inma López Silva non só se atreveu, senón que tamén o fixo coa súa pluma maxistral. Memoria de cidades sen luz, Premio Blanco Amor no ano 2007, non deixa de ser unha novela sobre a memoria, sobre eses tempos pasados que parece que se foron pero sempre volven. O protagonista ve un día como toda a súa familia é asasinada, mentres el logra agocharse debaixo da cama e ver os feitos a través dos flecos do cobertor. Nese momento é salvado por unha muller que se chama Lucía, coa que emprende un camiño de fuxida arredor de varias capitais como A Coruña, Barcelona, París ou Bos Aires.”
Memoria de cidades sen luz

Inma López Silva