Feira do libro de Gotemburgo – Gotemborg Book Fair

A Feira do Libro de Gotemburgo, a máis importante de Escandinavia, acolleu o stand da Embaixada de España para a promoción no exterior dos nosos escritores e escritoras. Baixo o título “Catro linguas, catro literaturas”, reuníronse en Gotemburgo escritores e críticos literarios nun diálogo animado polo Consello da Cultura Galega, o Instituto Ramon Llull e o Instituto Etxepare.
As escritoras Inma López Silva, Care Santos, Milena Busquets, Harkaitz Cano e Kirmen Uribe tiveron ocasión de amosar as particularidades de escribir desde os recantos do sur de Europa para o resto do mundo, a través de diálogos coas críticas Dolores Vilavedra e María José Olaziregui.

Inma López Silva