A vida segue

Eu antes escoitaba Janis Joplin os sábados pola mañá, na ducha, curando resacas e noites de vontade infinita. E tarareaba as súas cancións facendo un micrófono co cepillo do pelo.

Agora os sábados pola mañá cociño purés e comidiñas, e antóxaseme que ferven cun plup-plup que lle acae a Janis alí ao carón da vitro, no CD.

Mentres, Sofía baila.

Inma López Silva