Carlos Loureiro realiza esta interesante e ampla entrevista a Inma López Silva na revista dixital noticieirogalego.com. Inma López Silva: “a experiencia vital é a que nos nutre como artistas”
Amiga Inma, cómpre dicirmos que de súpeto nos estraña que dunha filóloga especializada na nosa dramaturxia ao final aínda non saíse da súa pluma unha obra teatral (cando menos publicada)…
Resúltame tremendamente difícil escribir teatro, quizais porque ao telo como obxecto de estudo, son excesivamente crítica, ou quizais porque non me resulta cómodo situarme nel desde un punto de vista creativo. En todo caso, a capacidade de síntese, de limpeza dos conflitos e de concentración da acción son esixencias teatrais que se contradín co exercicio da narrativa, ao que tendo de forma natural. Con todo, quizais algún día…
Desde logo que ser profunda estudosa de teatro nada ten que ver coa arte escénica -ti mesma recoñeces que non posúes talento escénico- pero xamais te viches participando na posta en escena dalgunha obra teatral?
Coma case todos os nenos, fixen teatro escolar, claro, e o meu contacto coa Profesión escénica condúceme, cada vez máis, a ter propostas de participación no lado creativo, si. Seguramente en breve me anime, pero non como actriz.
Para lela completa, clica aquí.