Tertulia en “La otra Vía”. Os venres en Voz TV

Inma López Silva estréase este venres como colabora na exitosa tertulia da canle Voz TV “La Otra Vía”, dirixido e presentado por Antía Díaz. Nesta segunda tempada, o programa ten unha grata particularidade: é unha tertulia de mulleres…, e ademais ten ese agradecíbel toque de venres.

Non o perdades! Nesta páxina estaremos atentas ás vosas opinións e comentarios tamén sobre esta actividade da escritora Inma López Silva.

Polo de agora, vémonos este venres, 26 de setembro, ás 10h. Sintonizade Voz TV, e a gozar.

http://www.vtelevision.es/programas/laotravia/index.htm

Inma López Silva